Category General

Aviso — Cine 0

Feb8

O vindeiro venres iremos ao cine a ver “La carretera” para despois poder comparar o libro coa película.

Xuntanza do 25/01/10 0

Ene26

Naenero-10-017 reunión de onte comentamos dous libros, “Sarou” e “La Carretera”. Ambos foron ben recibidos e aínda que son moi diferentes entre si deron pé a variados comentarios. Ao final centrámonos máis en “La Carretera” e quedamos en ir ao cine e poder, de novo, comparar a obra coa película. enero-10-016

Aviso 1

Ene22

A próxima reunión do club celebrarase o luns 25 ás 17 h na biblioteca. Comentaremos os dous últimos libros leidos, “Sarou” e “La Carretera”.

Novo Libro 1

Ene13

la_carretera¿Puedo preguntarte una cosa?, dijo.
Naturalmente.
¿Nos vamos a morir?
Algún día. Pero no ahora.
Y todavía vamos hacia el sur.
Sí.
Para no pasar frío.
Así es.
Vale.
¿Vale qué?
Nada.
Solo vale.
Duérmete.
Vale.
Voy a apagar la luz.
¿De acuerdo?
De acuerdo.
Y luego, ya a oscuras: ¿Puedo preguntarte algo?
Naturalmente.
¿Qué harías si yo muriera?
Si tú murieras yo también querría morirme.
¿Para poder estar conmigo?
Sí. Para poder estar contigo.
Vale.

“La Carretera”, novela galardoada co premio Pulitzer 2007, e best seller literario do ano en Estados Unidos, transcorre na inmensidade do territorio norteamericano, unha paisaxe literalmente queimada polo que parece ser un recente holocausto nuclear. Un pai trata de salvar ao seu fillo emprendendo unha viaxe cara o Sur. Rodeados dunha paisaxe baldía, ameazados por bandas de caníbales, empuxando un carriño da compra onde gardan as súas escasas pertenzas, percorren os lugares onde o pai paso unha infancia recordada ás veces en forma de breves bosquexos do paraíso perdido, e avanzan cara ao sur, cara ao mar, fuxindo dun frío capaz de romper as rocas.

Por que? Que hai na costa? Que espera atopar alí? O home non o sabe, con todo o seu único obxectivo é alcanzala,  sigue para conseguilo.

Primeiro libro para o curso 09/10 0

Dic1

8483021595

Ramón Caride Ogando

SAROU afonda, cunha secuencia narrativa cronolóxica, que se desenvolve en a penas vintecatro horas, e un estilo descarnado, directo e sen concesións, na particular conta atrás de dous homes, Sito e Cardiño, e de dúas mulleres, Karina e Laura, lanzados nunha carreira sen retorno cara ós instantes decisivos das súas vidas.
Sito, xove narcotraficante de orixe humilde, despois de catorce meses sae da prisión en liberdade condicional. Dende ese momento e nunha carreira alucinada a bordo do seu todorreo, buscará obsesivamente recuperar o tempo perdido: procurará o amor perdido de Karina que xa non atopará; pretenderá arranxar os seus ” negocios pendentes ” cos seus colegas da banda dos Buga que non solucionará; buscará os seus cartos enterrados no monte…

Club de lectores. Información xeral. 0

Abr11

le11-revisado.jpg le11-revisa.jpg

Club de lectores

No IES Manuel Antonio embarcámonos nunha nova aventura: “O Club de Lectores” na que te convidamos a participar. Mergullarémonos  nas profundidades dos libros,  analizaremos  os contidos das lecturas en común e xuntos, na procura da comprensión dos textos, compartiremos  ideas, sentimentos e emocións.

Non hai viaxe sen viaxeiros, O Club non pode  comezar a súa andaina sen a túa participación. Inscríbete como membro da nosa comunidade educativa ou mesmo como veciño do IES.

Podes inscribirte  en calidade de Nai ou Pai do noso alumnado. Lembra que de termos en conta o dito  “Se ti les, eles tamén len”, a túa presenza no Club é imprescindíbel.

Se formas parte do alumnado ou do persoal do  CRD (Centro Residencial Docente), ou ben se es integrante da Residencia da Terceira Idade tamén podes inscribirte como socio do Club.

No Club imos ler xuntos, imos expresar a nosa opinión e escoitar a dos demais, imos compartir experiencias, en definitiva, imos gozar do pracer de ler  e comentar a lectura.

En definitiva: “Se ti queres,eles poden”

Que é un club de lectores?

É un grupo de persoas que deciden ler todos o mesmo libro e unha vez cada 20 días  reúnense para comentar a parte do libro proposta para ese período. Nestas reunións opínase, critícase, en suma, debátese sobre aquilo que resultou curioso ou interesante ou que, simplemente, non gustou.

Se é certo que co exemplo ensinamos, coa palabra marcamos un camiño e coa crítica aportamos argumentos,  O Club pode converterse nunha forma de achegármonos, de educar, de compartir,  de pasalo ben…

Obxectivos:

  • Fomentar a lectura dentro e fóra da aula.
  • Desenvolver o aspecto socializador da lectura.
  • Desenvolver as competencias lectoras.
  • Crear un ambiente de camaradaría a carón da lectura.
  • Gozar do pracer de ler.
  • Potenciar a comprensión lectora e crítica.
  • Favorecer a sensibilidade e a imaxinación.
  • Fomentar as relacións familiares cos textos.
  • Fomentar a integración, o agarimo e o respecto polas persoas maiores.

Normas para facerse socio:

  • Pertencer á comunidade educativa do IES Manuel Antonio.
  • Pertencer ao Centro Residencial Docente ou á Residencia de Persoas Maiores.
  • Cubrir a ficha de inscrición na que figurará: apelidos, nome, DNI ou nº de expediente, curso, teléfonos e email.
  • Ter o carné que acredite pertencer ao Club.
  • Estar dado de alta como lector da Biblioteca do IES Manuel Antonio.
  • Estar disposto a cumprir as normas de funcionamento do Club.

En canto a Préstamos:

O alumnado e o persoal  do centro e do CRD  recollerán os préstamos na Biblioteca.

As nais e os pais participantes  recibirán os préstamos a través dos fillos.

Ás persoas maiores levarémoslles os préstamos.

Os libros serán prestados pola Biblioteca.

Lembra:

Nos debates non é preciso falares se non queres, e tampouco pasa nada se non liches as páxinas propostas ou se liches de máis.

As lecturas propostas non son deberes para traballar senón  para disfrutar, para compartir un tempo de lecer con xente que, coma a ti, gústanlle os libros.


Warning: Unexpected character in input: ''' (ASCII=39) state=1 in /homepages/39/d221842436/htdocs/clublectura/wp-content/themes/FREEmium/sidebar.php on line 5

Parse error: syntax error, unexpected $end in /homepages/39/d221842436/htdocs/clublectura/wp-content/themes/FREEmium/sidebar.php on line 5