Category Libros

Novo Libro 0

May26

La Sonrisa Etrusca

Autor: José Luis Sampedro

O protagonista é un antigo partisano calabrés , na fase final da súa vida. Padece un cancro, e é consciente de que o seu tempo se acaba; decide saír do seu pequeno pobo para irse a vivir á cidade co seu fillo, a súa nora e o seu neto, pero faio obrigado polas circunstancias (que non son as obvias, porque el non teme á morte nin moito menos).
O protagonista é pouco habitual. Salvatore Roncone, alias Bruno, é un home forte como unha montaña, que na súa mocidade bebíase a vida a grandes grolos e comíase o mundo a bocados. Pero aínda que conserva toda a súa forza moral e bravura, é un ancián e a vida acábaselle. E aínda así terá tempo de aprender moitas cousas sobre o agarimo e a tenrura, sobre os diferentes tipos de amor: O amor de avó, abrigo, pero tamén o amor cara a unha muller, cara ao seu fillo e cara aos seus amigos.

É imposible non emocionarse lendo este libro, e iso que foxe de todo tipo de cursilerías e ñoñerías. Ou quizá precisamente por iso. É moi interesante coñecer o pasado do vello partisano, cheo de acción e aventuras, e ver a espectacular evolución que segue ao longo do libro; el continúa sendo igual de valente e aguerrido que na súa mocidade, pero comprende que o amor pode interpretarse dunha forma moito máis profunda e intensa da que el facía de moza, e esforzarase por protexer e ensinar ao seu neto todo o que debe saber, aínda que o neno tamén lle ensinará ao avó algunha das leccións máis importantes da vida.

O libro contén moitas escenas divertidas, e fai tamén unha boa crítica sobre a perda de identidade e valores nas sociedades industrializadas; o protagonista é un personaxe perfectamente descrito e cunha imaxe moi potente e absolutamente carismática, que fai que “La sonrisa etrusca” sexa un moi bo libro

Novo Libro 3

Mar24

Escritor/a: Xurxo Borrazás
Ed. Galaxia
Xurxo Borrazás, un dos narradores máis interesantes dos xurdidos en Galicia durante a última década do século XX presenta a novela  “Ser ou non”, unha historia na que se cuestionan os límites entre ficción e realidade.
Escrita cunha prosa directa que se le coa facilidade coa que se ve unha película, “Ser ou non” é unha novela que relata a historia da súa propia creación. O protagonista é un escritor que nos conta a historia da súa relación amorosa cunha anciá que é o derradeiro habitante dunha aldea da montaña luguesa. Esa mesma é a historia da novela sobre a que, simultaneamente, están a deliberar os membros do xurado dun importante premio literario.
Xurxo Borrazás sorprende ao abordar de maneira explícita unha narración na que o sexo ten un lugar central sen que por iso desprace en ningún momento temas coma a contraposición entre cultura urbana e rural, o cuestionamento das ideas convencionais, a precepción da realidade como creación ou o papel que a literatura, e con ela a necesidade de finxir, xoga na intensificación de emocións coma o amor.

Novo libro 0

Feb19

Soledad de los numeros primos-Fotolito-StefLA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS
Autor:Giordano, Paolo
Colección:Narrativa
Título original: SOLITUDINE DEI NUMERI PRIMI, LA
Traductor:Juan Manuel Salmerón Arjona
ISBN:978-84-9838-205-1
Núm. pags.:288

Con tan só vinte e seis anos, Paolo Giordano converteuse no fenómeno editorial máis relevante dos últimos tempos en Italia. A soidade dos números primos, primeira novela deste licenciado en Física Teórica, foi galardoada co Premio Strega 2008 (o máis importante de Italia) e conseguiu un éxito sen precedentes para un autor novel: máis dun millón de exemplares vendidos. Así mesmo, espertou un gran interese internacional e será traducida a vinte e tres idiomas.

Existen entre os números primos algúns aínda máis especiais. Son aqueles que os matemáticos chaman curmáns xemelgos, pois entre eles interponse sempre un número par. Así, números como o 11 e o 13, o 17 e o 19, ou o 41 e o 43, permanecen próximos, pero sen chegar a tocarse nunca. Esta verdade matemática é a fermosa metáfora que o autor escolleu para narrar a conmovedora historia de Alice e Mattia, dous seres cuxas vidas quedaron condicionadas polas consecuencias irreversibles de senllos episodios ocorridos na súa nenez. Desde a adolescencia ata ben entrada a idade adulta, e a pesar da forte atracción que indubidablemente os une, a vida erixirá entre eles barreiras invisibles que porán a proba a solidez da súa relación. A sutileza dos trazos psicolóxicos dos personaxes, así como a fondura e complexidade dunha historia que suscita nos lectores as reaccións máis variadas, resaltan a admirable madurez literaria deste novo autor á hora de asomarse, nin máis nin menos, á esencia da soidade.

Derradeiro libro para este curso 0

Jun4

baleas

ASÍ NACEN AS BALEAS

Editorial Galaxia

164 páx

Con “Así nacen as baleas”, a escritora Anxos Sumai obtén o Premio Repsol YPF do ano 2007.

Na segunda edición, o premio de narrativa breve organizado por Repsol YPF en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicado por Editorial Galaxia outórgase a unha obra que conta a historia dunha liberación a través da ollada dunha muller. Unha novela na que sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e biografía estouran a través dunha maneira de narrar que descobre un mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente.

Así nacen as baleas conta a historia dunha viaxe de regreso á casa, á orixe familiar dunha muller nova que retorna ao seu pasado como única posibilidade de entender e vivir o presente.

De volta desde California, onde como bióloga traballa coas baleas, a narradora da novela redebuxa o seu pasado coa axuda da lembranza da figura do seu irmán Ramón, un neno con problemas psíquicos que, coma a protagonista, só é quen de existir mentres pode facerse preguntas.

Anxos Sumai conta a historia cunha linguaxe narrativa na que metáforas, personaxes e relato conflúen para describir o mundo desde a ollada diferente dunha rapaza e do seu irmán discapacitado psíquico.

Novo Libro 0

May5

perla

Título: La joven de la Perla

A Moza da Perla: Tracy Chevalier, unha das escritoras máis prometedoras desta xeración, crea unha espléndida novela que mestura a novela ficticia coa realidade, sobre as relacións que supostamente puido manter o pintor holandés Johannes Vermeer cunha nova criada que entra a servir á súa casa. A moza convértese na musa do artista e a platónica relación que se establece entre eles serviu para estimular a creatividade de Vermeer. Un mundo de silencios e miradas cómplices, onde as palabras sobran e a unión das súas almas pode sentirse en cada encontro.
A personalidade do pintor é reflectida por Chevalier a nivel humano e artístico. Descubrimos con ela as liñas, matices e motivos da súa pintura, as técnicas que usou e o marco social e histórico no que se desenvolveu a súa vida. Todas as formas de chegar á obra deste gran artista son válidas e Tracy Chevalier consegue interesarnos na súa obra.

Segundo Libro seleccionado no curso 08/09 0

Feb4

calceta3 Título: O CLUB DA CALCETA

Autora : María Reimondez

Editorial : Xerais

Reseña:
Seis mulleres moi diferentes entre si, acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

Novo libro 0

Ene28

seda-003

Podedes pasar a partir de hoxe pola biblioteca, para recoller este libro, que tal como quedamos leremos nos próximos días.

Segundo o seu autor, Seda non é unha novela. Nin sequera un conto. Esta é unha      historia. Empeza cun home que atravesa o mundo, e acaba nun lago que permanece inmóbil, nunha xornada de vento. Poderíase dicir que é unha historia de amor. Pero se soamente fose iso, non valería a pena contala.

Primeiro libro seleccionado no Club de Lectura.Curso 08/09. 0

Nov11


Título: EL LECTOR

Autor: Bernhard Schlink

Editorial: Anagrama

LIBRO RECOMENDADO PARA BACHERELATO E CICLOS
Reseña:

el-lector4Un adolescente coñece unha muller madura coa que inicia unha relación amorosa. Antes de deitarse xuntos, ela sempre lle pide que lle lea fragmentos de Goethe, Schiller,… ata que un día ela desaparece. Sete anos despois, o mozo, que estuda dereito, acode ao xuízo de cinco mulleres acusadas de crimes nazis e descobre que unha delas é a súa antiga amante. Unha cegadora novela sobre o amor, a culpa, o horror e a piedade.

Profundiza no sentimento de culpabilidade de toda unha xeración polo holocausto xudeo.

Terceiro libro seleccionado no club de lectura. 1

May28

978-84-663-2071-9_peq.jpg

Título: Sabor a chocolate

Autor: José Carlos Carmona

Editorial: Punto de lectura

Fai máis de sesenta anos, Adrian Troadec viu a unha moza saír dunha clase de música. Dúas guerras mundiais despois, aínda funciona a fábrica de chocolate que abriu para conquistala.

Entre dous continentes, partidas de xadrez e notas de violín, Sabor a chocolate é unha sinfonía incompleta de amor e de soños. Unha novela tan intensa e adictiva como o mellor chocolate.

Segundo libro seleccionado no club de lectores 0

May21

images1.jpg

Título: El juramento de los Centenera

Autora: Lydia Carreras

Editorial: Edelvives

A principios do século XX, cinco dos irmáns Centenera deciden emigrar a Argentina, terra de oportunidades. Orfos, novos e sen traballo, emprenden a viaxe en barco, cheos de ilusións. Pero cando están a piques de chegar, a irmá pequena desaparece.

Incapaces de enfrontarse a esta traxedia, e perdidas todas as esperanzas de achala, xuran non volver mencionar o feito e seguir adiante coas súas vidas. Co tempo, Josep, un dos irmáns, rompe a promesa e conta todo a unha amiga, quen vai axudarlles a desvelar a verdade.


Warning: Unexpected character in input: ''' (ASCII=39) state=1 in /homepages/39/d221842436/htdocs/clublectura/wp-content/themes/FREEmium/sidebar.php on line 5

Parse error: syntax error, unexpected $end in /homepages/39/d221842436/htdocs/clublectura/wp-content/themes/FREEmium/sidebar.php on line 5