May26
O pasado día 26 de abril celebramos na biblioteca do instituto a reunión do club de lectura para comentar o libro de Xurxo Borrazás “Ser ou non”. A ela acudiu o autor que falou deste libro e a súa creación, e de moitas outras cousas relacionadas con el. Foi unha reunión moi amena da que todos gozamos.
Mar24
O pasado luns reunímonos na residencia de persoas maiores para comentar o libro “La soledad de los números primos”. Foi unha reunión moi numerosa na que contrastamos as diversas opinións sobre o libro e comentamos diversos datos sobre el e o seu autor.
Feb18
O venres fomos a ver “The Road” película baseada no último libro que lemos “La carretera”.
A pelicula gustounos a todos, e é bastante fiel ao libro.
Describe moi ben a época e o ambiente en que se desenvolve a historia. Aconsellámosvola.
Feb8
O vindeiro venres iremos ao cine a ver “La carretera” para despois poder comparar o libro coa película.
Ene26
Na
reunión de onte comentamos dous libros, “Sarou” e “La Carretera”. Ambos foron ben recibidos e aínda que son moi diferentes entre si deron pé a variados comentarios. Ao final centrámonos máis en “La Carretera” e quedamos en ir ao cine e poder, de novo, comparar a obra coa película. 
Ene22
A próxima reunión do club celebrarase o luns 25 ás 17 h na biblioteca. Comentaremos os dous últimos libros leidos, “Sarou” e “La Carretera”.
Nov25
A primeira reunión deste curso celebrarémola o vindeiro luns día 30 ás 16 horas na biblioteca do instituto. Nela coñecerémonos e farémosvos entrega do primeiro libro para este curso.
Jun30
Onte celebramos a última reunión do club de lectura,e aínda que a asistencia non foi moi numerosa a charla foi moi
animada.Comentamos o libro que nos habia recomendado María Reimondez,”Así nacen as baleas” que tivo moi boa aceptación. Ao final terminamos comentando suxestións de lecturas para o verán e para o próximo curso. 
Jun3
Onte celebramos a penúltima reunión do club de lectura para este curso. Nela comentamos o libro “A moza da perla” que lemos todos, e a película baseada nel que xa foi visionada na residencia de persoas maiores. Ambos gustaron moito a todos. Falamos de arte, e utilizando libros con imaxes de cadros de Vermeer e outros soportes como o computador fomos vendo, comparando e comentando os diferentes cadros dos que fala o libro, que nos axudan a comprender os costumes desa época que tan ben se describen no libro.