Saída ao cine

Posted by admin under Xuntanzas

O venres fomos a ver “The Road” película baseada no último libro que lemos “La carretera”. A pelicula gustounos a todos, e é bastante fiel ao libro. Describe moi ben a época e o ambiente en que se desenvolve a historia. Aconsellámosvola.

No Comments

Aviso — Cine

Posted by admin under General, Xuntanzas

O vindeiro venres iremos ao cine a ver “La carretera” para despois poder comparar o libro coa película.

No Comments

Xuntanza do 25/01/10

Posted by admin under General, Xuntanzas

Na reunión de onte comentamos dous libros, “Sarou” e “La Carretera”. Ambos foron ben recibidos e aínda que son moi diferentes entre si deron pé a variados comentarios. Ao final centrámonos máis en “La Carretera” e quedamos en ir ao cine e poder, de novo, comparar a obra coa película.

No Comments

Aviso

Posted by admin under General, Xuntanzas

A próxima reunión do club celebrarase o luns 25 ás 17 h na biblioteca. Comentaremos os dous últimos libros leidos, “Sarou” e “La Carretera”.

No Comments

Xuntanza do 30 de novembro

Posted by admin under Xuntanzas

Nesta primeira reunión do curso entregamos o libro que imos ler estes días, “Sarou”, todos aqueles que non acudistes á reunión, que sodes a maioría, podedes pasar pola biblioteca a recoller o libro custom thesis

No Comments

AVISO – Primeira xuntanza do curso 2009/10

Posted by admin under Xuntanzas

A primeira reunión deste curso celebrarémola o vindeiro luns día 30 ás 16 horas na biblioteca do instituto. Nela coñecerémonos e farémosvos entrega do primeiro libro para este curso.

No Comments

Derradeira Xuntanza do Club

Posted by admin under Xuntanzas

Onte celebramos a última reunión do club de lectura,e aínda que a asistencia non foi moi numerosa a charla foi moi animada.Comentamos o libro que nos habia recomendado María Reimondez,”Así nacen as baleas” que tivo moi boa aceptación. Ao final terminamos comentando suxestións de lecturas para o verán e para o próximo curso.

No Comments

XUNTANZA DO 02/06/09

Posted by admin under Xuntanzas

Onte celebramos a penúltima reunión do club de lectura para este curso. Nela comentamos o libro “A moza da perla” que lemos todos, e a película baseada nel que xa foi visionada na residencia de persoas maiores. Ambos gustaron moito a todos. Falamos de arte, e utilizando libros con imaxes de cadros de Vermeer e […]

No Comments

Aviso

Posted by admin under Xuntanzas

A próxima reunión do club de lectura se celabrará o martes 2 de xuño ás 16:15 horas na residencia. Comentaremos o libro “A moza da perla” e veremos as reproducións dos cadros dos que se fala no libro.

No Comments

XUNTANZA DO 30/03/09

Posted by admin under Xuntanzas

Hoxe á reunión do club de lectura asistiu María Reimóndez, autora do último libro que lemos, O club da calceta. María sorprendeunos a todos calcetando mentres escoitaba os nosos comentarios e achegaba as súas opinións. Falamos dos personaxes do libro e de como se unen as súas vidas, pero tamén ao fío destas historias, das […]

No Comments