Novo libro

Posted by admin under General

charing-cross-portada_250En outubro de 1949, Helene Hanff, unha nova escritora descoñecida, envía unha carta desde Nova York a Marks & Co., a libraría situada no 84 de Charing Cros Road, en Londres. Apaixonada, maniática, extravagante e moitas veces sen un duro, a señorita Hanff reclámalle ao libreiro Frank Doel volumes pouco menos que inencontrables que tranquilizarán o seu insaciable sede de descubrimentos. Vinte anos máis tarde, continúan escribíndose, e a familiaridade converteuse nunha intimidade case amorosa. Esta correspondencia excéntrica e chea de encanto é unha pequena xoia que evoca, con infinita delicadeza, o lugar que ocupan na nosa vida os libros… e as librarías. 84, Charing Cros Road pasou case inadvertido no momento da súa publicación, pero desde a década do setenta converteuse nun verdadeiro libro de culto a ambos os dous lados do Atlántico.

Leave a Reply