O bosque de Levas

Posted by admin under General

bosque de levasLIBRO ELEXIDO PARA A PRIMEIRA LECTURA

Unha novela repleta de humor na que un estraño personaxe vido do alén aparece na Galicia do século XX. Un liberal axustizado durante o reinado de Fernando VII, vai visitar, por obra e graza da arte narrativa, a Galicia de finais da centuria pasada. Co recurso do contraste entre dúas realidades históricas, esta divertida nov ela introdúcenos nun universo literario que opta polo humor como vía de interpretación da realidade.

 200px-Alfonso_Álvarez_Cáccamo_(AELG)-4Autor: Alfonso Álvarez Caccamo

Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez (de quen traduciu dúas obras ao galego), fixo estudos de Filosofía e Maxisterio. Actualmente é profesor en Panxón (Nigrán).

Iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. A súa obra narrativa ten recibido múltiples premios como o Premio de Novela “Café de Catro a Catro” (1988), Xerais de novela (1990), “Galaico-Leonés de Relatos” (1990), “Álvaro Cunqueiro de Narrativa” (1993), Manuel García Barros de novela (1996), Modesto R. Figueiredo (1997) e Manuel Murguía de narracións breves (1998).

Tamén é colaborador habitual na prensa, especialmente no Faro de Vigo e A Nosa Terra.

Leave a Reply