Reunión de “FIN” de David Monteagudo
Todo comezou o día 18 de marzo coa proxección dunha entrevista que realizo a canle 2 de Televisión Española ao autor de “FIN” nela fíxose unha descrición da vida do autor e de como chego a escribir esta a súa primeira obra literaria sen, antes ter ningún contacto coa literatura, xornalismo, ou outra actividade relacionada coas letras.
Tras esta introdución, afondar un pouco máis na figura de “David Monteagudo” como escritor novel, dito doutro xeito afeccionado. O que nos leva á compresión de por que chega a e escribir esta obra que a xuízo da maioría é cansina, describe personaxes moi estereotipados e centra as súas primases 100 páxinas en poñernos unha zanahoria diante da vista “misterio sobre o que lle fixo o grupo a un dos personaxes” para conseguir manter certo suspense.
Suspense que ao noso xuízo non consegue manter e que ten momentos en que si parece conseguir certa intriga, pero ao pouco intre a feita a baixo con algún dialogo pouco creible ou un faladoiro entre amigos relacionada coa condición humana que se que nun inetercambio trivial sobre algún tema tópico como “Os coches ou as relacións de parella”.
Que dicir do desenlace da obra, onde van desaparecendo os personaxes algúns sen causa aparente e outros por causas absurdas ou por causas ao noso xuízo absurdas. E lévanos a un final inacabado que aínda deixa ao lector/a máis decepcionado e no meu caso encabuxado.
Como conclusión dicir que o libro foi unha decepción para a totalidade dos membros, que en ningún momento sentímosnos próximos á obra e esta fíxose tediosa e difícil de finalizar.
Como complemento visionamos a Película co mesmo nomee “FIN” baseada na novela e os que a vimos pensamos que supera moitísimo a narración da obra, esta consegue o que o autor ao noso xuízo non foi capaz de conseguir “o suspense característico nunha obra de apocalíptica” e ata nalgunhas ocasións chegan a dar medo algunhas das escenas.
A continuación teneis un trailer de la pelicula “FIn” recomendable para todos los publicos y nuestro juicio entretenida.
Leave a Reply