Libro

Posted by admin under General

casas_baratas_peq1As vivencias e as experiencias que constitúen a memoria da adolescencia son as que nutren Casas baratas. Un libro de contos co que Antón Riveiro Coello se debruza sobre o tempo no que se forma a personalidade e sobre o que se constrúe a memoria individual.
Enfiados por un mesmo narrador e cun escenario común, a vila de Xinzo da Limia en pleno franquismo, os relatos de Casas baratas fan xurdir, con intensidade e humor, gorentosos episodiosn nos que historia persoal e colectiva se mesturan e enrriquecen mutuamente.

No Comments

Xuntanza do xoves 12 de maio

Posted by admin under General, Xuntanzas

dscNesta reunión, que realizamos na biblioteca do instituto, comentamos o libro “O estranxeiro”, que algúns e habiamos leidos anos atrás.Como non podía ser doutra forma, o máis comentado foi a actitude ante a vida do protagonista, e a súa comparación coa época que estamos vivindo actualmente.

No Comments

Novo libro

Posted by admin under General

extranjeroO protagonista, o señor Meursault, comete un absurdo crime e, a pesar de sentirse inocente, xamais se manifestará contra o seu ajusticiamiento nin mostrará sentimento algún de inxustiza, arrepentimento ou mágoa. A pasividade e o escepticismo fronte a todo e todos percorre o comportamento do protagonista: un sentido aburrido da existencia e aínda da propia morte

No Comments

Xuntanza na residencia

Posted by admin under General, Xuntanzas

dscfNesta reunión comentamos o libro “84,Charing Cros Road”, que lemos todos, pero do que ademais, na residencia viron a película baseada nel. Foi un libro que gustou moito e do que se falou durante longo intre.

No Comments

Novo libro

Posted by admin under General

charing-cross-portada_250En outubro de 1949, Helene Hanff, unha nova escritora descoñecida, envía unha carta desde Nova York a Marks & Co., a libraría situada no 84 de Charing Cros Road, en Londres. Apaixonada, maniática, extravagante e moitas veces sen un duro, a señorita Hanff reclámalle ao libreiro Frank Doel volumes pouco menos que inencontrables que tranquilizarán o seu insaciable sede de descubrimentos. Vinte anos máis tarde, continúan escribíndose, e a familiaridade converteuse nunha intimidade case amorosa. Esta correspondencia excéntrica e chea de encanto é unha pequena xoia que evoca, con infinita delicadeza, o lugar que ocupan na nosa vida os libros… e as librarías. 84, Charing Cros Road pasou case inadvertido no momento da súa publicación, pero desde a década do setenta converteuse nun verdadeiro libro de culto a ambos os dous lados do Atlántico.

No Comments

Novo libro

Posted by admin under Libros

jaureUn actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos son os personaxes d’ O Globo de Shakespeare. O achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo onde se relacionan, asulagará os seus soños e as súas vidas. O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008, alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), supón, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor. O monifateiro Ricardo e o seu pai, o pintor Leandro, tras a tola e valleinclanesca procura do manuscrito agochado, emprenderán unha viaxe que, irremediablemente, rematará cuna apoteósico final tráxico.

No Comments

Xuntaza do 13/12/2010

Posted by admin under Xuntanzas

O día 13 de decembro de 2010 reunímonos na biblioteca do IES Manuel Antonio os membros do club de lectura para comentar o último libro proposto “Mira se yo te querré” de Luís Leante. En xeral, gustou pero pero non entusiasmou a historia, aínda que se resaltou a boa descrición da problemática do Sahara tan de actualidade.

No Comments

Primeiro libro do curso 2010/11

Posted by admin under Libros

1033872325_5d81111f34_oMira si yo te querré
Luis Leante

Premio Alfaguara 2007

Nin o tempo nin o deserto poden frear ao amor.

O achado inesperado dunha vella fotografía fará que Montse Cambra, unha doutora de corenta e catro anos, abandone o seu Barcelona natal para buscar ao seu primeiro amor. Comeza así unha viaxe que a levará ata o Sahara. O afán de supervivencia e a paixón de vivir dun pobo esquecido no deserto axudarana a descubrir o seu verdadeiro destino.

Mira se eu querereiche é unha historia de amor que se alarga no tempo, o retrato de dúas épocas e de dúas culturas unidas por un segredo, a aventura dunha muller que descobre o máis importante na soidade do deserto.

No Comments

AVISO XUNTANZA

Posted by admin under General

O vindeiro luns 8 de novembro teremos a primeira xuntanza do club de lectura. Será as 16 horas na biblioteca. Coñecerémonos, falaremos do club e entregarémosvos o primeiro libro para este curso.

No Comments

BENVIDA AO CLUB NO CURSO 10/11

Posted by admin under General

Dámosvos a benvida ao club neste curso,

no que esperamos ler algúns libros xuntos e pasalo ben coa lectura lectura

No Comments